Situación Xeográfica

No corazón da Ría de Arousa está situada a Illa de Arousa, a illa máis grande e poboada da Comunidade Galega, con algo máis de 5.000 habitantes. Coa beleza característica das Rías Baixas Galegas, ésta illa da comarca do Salnés (Pontevedra), está unida á península por unha ponte de 2 km de lonxitude (tamén unha das máis longas de Europa), desde 1985.

O mar é a súa principal fonte de paisaxe e de riqueza, e para describir a beleza desta illa temos que recorrer ós innumerables contrastes que grazas a él a Conforman.

Espazo natural e pobo mariñeiro, vistas cara o mar aberto e ría, máxicos amenceres e infinitos solpores, costa recortada e suaves montes. Todo decorado con imprevistos verdes e azuis, que custodian ós ocres e dourados da multitude de praias que rodean a súa silueta.

COMO CHEGAR A ILLA DE AROUSA

como chegar