Bandeira Azul

Praias con Bandeira Azul.

 

  • Praia de AREA DA SECADA

secada propostas

 

  • Praia de O BAO – CAMAXE

a-illa-de-arousa-praia-do-bao

 

Sendeiro Azul: Senda Perimetral Bao-Xastelas

 

Sendeiro litoral que discorre pola zona sureste da Illa unindo a Praia do Bao co Espazo Natural do Carreirón cuio ano de creación foron 2007 e 2010, alem de ter o distintivo de Senda Azul desde o ano 2012.

Ten unha lonxitude de 2.600 metros e conta cun carril bici e traxecto peonil, cun nivel de dificultade baixo. No seu transcurso podemos apreciar diferentes elementos paisaxísticos e a súa contorna constitúe un excelente lugar para o disfrute da natureza, ademais de posuir un Circuito Biosaludable.

Centro Azul: Centro de Interpretación da Conserva

O Centro de Interpretación da Conserva é desde o ano 2011 Centro Bandeira Azul galardón que otorga ADEAC. Ademais, ese mesmo ano adquire o distintivo de Calidade que otorga TURESPAÑA a través do SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística en Destino).

Este Centro, é unha antiga fábrica de conservas (a primeira que se instala en Galicia – 1.879) que foi restaurada por iniciativa municipal e que alberga a estrutura inicial da fábrica co mesado de limpeza e aceitado orixinais da época, así como a máquina de vapor que daba movemento a toda a fábrica. Conta este centro con dúas pantallas táctiles con información da estrutura, proceso de fabricación, anécdotas, historia,… así como unha pantalla audiovisual e unha maqueta da Ría de Arousa donde poder ver a súa orografía.

a-illa-de-arousa-museo

Neste Centro lévanse a cabo diferentes actividades relacionadas co medioambiente como exposicións, obradoiros, proxeccións audiovisuais,… destinadas ó público en xeral, así como a organización, promoción e divulgación das mesmas.

 

Enlaces:

Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC): http://www.adeac.es