Conta esta Illa cunha variedade de lugares que o visitante non pode deixar pasar, como son o Miradoiro Con do Forno, onde se pode apreciar dunha verdadeira panorámica da vila coas chimeneas amosando o que algún día foron grandes fábricas de conserva, O Faro, o centro do pobo cos seus portos, a Paraxe Natural do Carreirón, o Centro de Interpretación da Conserva co seu restaurado Muelle de Pau, como reliquia do que nalgún tempo foi a industrialización arousana, e como non as súas variopintas praias e calas.
INDICE:
A súa ubicación estratéxica para avisar ós mariñeiros, resulta tamén idónea para os visitantes. Xa que existen diferentes formas nas súas rochas e calas onde se pode disfrutar dun bo baño e gran tranquilidade; ó mesmo tempo que se contempla unha panorámica de toda a Costa do Barbanza, pertencente xa á provincia da Coruña: Santa Uxía de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Boiro cos Montes de A Curota.
Esta obra do enxeñeiro Celedonio Uribe que comezaron en 1852, sitúase en Punta Cabalo, lugar destinado para a fácil visibilidade dos mariñeiros.
É o punto máis alto deste municipio (63 m de altitude). Dende aquí pode contemplarse unha panorámica de toda a Illa, a ponte e os concellos colindantes: Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados e O Grove. Ademais, pola parte de atrás, dende o Mirador Con da Grañeira, pode verse unha panorámica diferente da Serra do Barbanza.
A Imaxe do Corazón de Xesús, “O Santo”, instalada neste alto dende 1962, foi talada coa pedra procedente das canteiras de Noia polo popularmente chamado polos arousáns “Mestre Mateo”. A escultura está feita en cinco pezas: da cintura para baixo, o dorso, a cabeza e os dous brazos por separado.
A Igrexa Parroquial de San Xulián, de estilo Neoclásico data de 1817, situada na zona da Torre, foi construida cos restos dunha antiga “Torre” de estilo semellante ás de Catoira e A Lanzada, torres estas que servían para avisar unhas ás outras das invasións normandas.
Con planta de cruz latina, púlpito de madeira e bóveda de arista enriba do altar maior, foi bendecida para o culto polo Abade de San Martín Pinario en 1820, oficiando a primeira misa o insular Marcos Núñez xunto con dezasete curas máis.
A Imaxe, talada en pedra polo artesán Alfonso Vilar Lomelas, cunha altura aproximada de 3 metros, foi instalada en 1984 por iniciativa dos “Quintos”, tivo a súa primeira ubicación no Porto do Xufre, trasladándose posteriormente ó final do Paseo Marítimo do Cantiño, mirando cara Oeste, dirección a este Porto.
É a Illa un lugar onde o mar está moi relacionado coa súa vida, xa que é a maior fonte de riqueza que posúen os seus habitantes dende tempos ancestrais.
Son moitas as cousas que nos recordan que A Illa está relacionada co mar, proba deste feito é o Muelle de Pau, as diferentes fábricas de conserva que antano existiron, as embarcacións, os aparellos e as propias artes de pesca.
As actividades pesqueiras e marisqueiras son a vida diaria para as súas xentes proba disto é que en calquera recuncho desta Illa se pode atopar algunha mostra destas actividades.
A Illa conta con catro portos, o Porto do Xufre, o Porto do Chazo, o Porto do Cabodeiro e o Porto do Naval, todos eles destinados a actividades pesqueiras e marisqueiras.
Porto máis importante da vila, onde se produce a maior parte da actividade pesqueira e onde se sitúa a lonxa que cada mañán recibe os diferentes bivalvos para ser subastados: ameixa, navalla, camarón, nécora, polbo,…
É neste porto onde se pode ver a carga e descarga do tan apreciado mexilón con Denominación de Orixe que irá destinado á fábrica, depuradora ou á súa exportación.
Neste porto tamén se aprecian as diferentes embarcacións amarradas e alineadas utilizadas para cada arte de pesca.
Porto secundario que serve para o amarre de embarcacións e para a descarga de peixe e doutras artes menores de pesca. Antigamente era moi utilizado xa que a lonxa estaba ubicada no que agora é a praza de abastos.
Porto secundario que serve para o amarre de embarcacións e para a descarga de peixe e doutras artes menores de pesca.
Porto para o atraque de embarcacións.
A Illa de Arousa une o traballo do mar co ocio e o tempo libre á vez que deleita á xente que nos visita do pracer de poder contemplar a natureza, sinxeleza e tradición desta vila ó mesmo tempo que se degustan exquisitos mariscos procedentes das augas que rodean esta illa.
PASEOS DE MADEIRA E SENDEIROS
Paseo que percorre a beiramar dunha parte da zona norte da Illa que vai desde o lugar de Niño de Corvo ata a praia de Area da Secada. Contémplase unha panorámica dos Illotes de Xidoiros Areoso e Pedregoso e de toda a zona do Barbanza, así como apreciar marabillosas postas de sol.
Sendeiro Azul desde o ano 2012 que transcorre pola zona sureste da Illa percorrendo o lugar de O Bao ata chegar ó Espazo Natural de O Carreirón. Está acompañado dun sendeiro e carril bici que dá paso ás diferentes praias do lugar, cada unha delas coas súas características e peculiaridades. É un lugar desde o que se poden observar diferentes amenceres así como distintas aves migratorias, zonas dunares e variopinta vexetación, ademais do traballo dos mariscadores e mariscadoras na súa labor de recolección das ameixas.
Paseo de madeira ubicado na zona do Furado que transcorre pola Praia do Cabodeiro ata chegar ó Porto do Cabodeiro.
Está abrigado por unha zona de recreo arbolada. Mira cara Vilanova de Arousa e a ponte da Illa.
Sendeiro que percorre a zona norte da Illa dende as Ruvas ata Punta Cabalo onde está ubicado o Faro pasando polo Campelo. É unha zona con vistas á Ría de Arousa, ó Barbanza e a zona portuaria do Xufre.
Paseo de madeira en dirección á zona norte da Illa ubicado na zona do Naval que mira cara a Costa do Barbanza e o Porto do Xufre.
Paseo inaugurado no ano 1992 de 700 metros de lonxitude que acompaña ó Porto do mesmo nome e onde se poden ver diferentes aparellos de pesca así como as embarcacións típicas dos mariñeiros. É, ó final deste paseo, onde se ubicou no ano 1998 unha escultura adicada á Virxe do Carme patrona dos mariñeiros.
No seu percorrido marítimo e urbano pódese pasear mesturando o ar salgado coa tranquilidade da vila unido ó deleite de degustar produtos gastronómicos de primeira calidade, ó tempo que se disfruta dunha espléndida vista da zona do Barbanza e parte da costa noroeste da Illa.
Paseo construido no ano 1993 cunha lonxitude de 800 metros que vai desde O Regueiro, zona recreativa para nenos e adultos, ata a Carbonera onde está o antigo e restaurado Muelle de Pau.
É unha zona para pasear moi concurrida polos veciños do municipio xa que mira a unha das zonas máis abrigadas do lugar. Únese neste tramo, o traballo matinal e de ocio dunha fin de semana.
A Ponte, de dous quilómetros de lonxitude, que une A Illa de Arousa con Vilanova inicia a súa construción en xuño de 1983, sendo a súa inauguración oficial en setembro de 1985, despois dunha grande e dura loita do pobo arousán para a súa consecución.
Tras a súa construción, déixanse atrás anos en que os insulares se desprazaban por mar para ir a calquera outro lado da Península.
Ó longo do seu percorrido pódense apreciar as vistas de toda a Ría, a entrada na Illa de Arousa coas súas praias e xentes traballando, até os concellos que conforman a costa recortada de Arousa.
Hai na Illa dous exemplos claros da vida labrega dos seus habitantes, que a pesar de estar moi ligada ó mar tamén ten a súa relación con ese mundo arraigado á terra: o Muíño de Mareas e o Muíño de Vento, os dous do século XII, coincidente coa introdución do millo en Galicia e do pulo que esto supuxo para a creación destes enxeños hidráulicos e eólicos.
O Muiño está situado na Ensenada da Brava, é unha mostra da relación que houbo entre a terra, o mar e a vida cotiá dos illáns.
É unha construción de pedra á que se accede por unha pequena “ponte” tamén de pedra. Ten tres moas, na que nunha delas se moía soamente trigo e nas outras dúas o millo.
O Muíño de Vento, construido en pedra, está emprazado no Monte de Pedrouzos, é da mesma época que o Muíño de Mareas da Seca, e foi utilizado como complemento deste cando non había marea que movese a súa maquinaria.
Os mariñeiros utilízanno como referencia afirmando: “ó encubrir o muíño co Monte Bandeira non hai obstáculo para entrar en Vilagarcía”.