A singularidade de illa e a súa costa recortada orixina que esté rodeada de pequenas calas, praias de area fina e puntas onde a erosión do mar, a choiva e o vento producen vistosas formas nos rochedos. É esta Illa a que conta con máis de oitenta praias e calas, todas elas diferentes no seu tamaño e forma pero todas de area fina e augas cristalinas, tales como Area da Secada, Sualaxe, O Bao, Camaxe, Conserrado, Salinas, Xastelas, Lameira, Espiños, Espiñeiro,… e un sinfín delas con nome propio que dan forma á silueta deste sete no centro da Ría de Arousa.
A Illa de Arousa, unha illa chea de tesouros.
LOCALIZACION GPS: 42º 34′ 4,57 ” N – 8º 53′ 7,49” W
SITUACION : Ubicada na zona norte de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 420 metros
ANCHURA: 20 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural, paisaxístico e forestal
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Pesqueiro, paisaxístico, turístico e recreativo
SERVIZOS: Si
Módulo de Socorrismo e Primeiros Auxilios, torreta, balizamento, cadeira anfibia, aseos, duchas, papeleiras, chiringuito de verán, pedaletas, tumbonas, piraguas e zona de estacionamento para vehículos a motor e bicicletas.
Realízase a análise microbiolóxica das augas de baño.
OBSERVACIONS:
Praia galardonada coa Bandeira Azul desde o ano 2007.
Está ubicada entre unhas laxes e está rodeada de vexetación que ofrece lugares de sombra naturais. Ademais ten unha duna móvil fixada pola vexetación propia deste ecosistema que é zona protexida. Posúe un paseo que bordea o seu litoral chegando ata a zona de Niño de Corvo ofrecendo moi boas vistas cara a Costa do Barbanza e postas de sol.
LOCALIZACION GPS: 42º 34′ 14,03 ” N – 8º 52′ 58,91” W
SITUACION: Ubicada na zona norte de A Illa de Arousa moi próxima ó Faro Punta Cabalo
LONXITUDE: 175 metros
ANCHURA: 30 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural e paisaxístico
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Pesqueiro, paisaxístico e turístico
SERVIZOS: Non
OBSERVACIÓNS:
Praia moi protexida dos ventos polas enormes laxes que a rodean, son coma unha enorme escorregadoira que van dar ó mar, de ahí, o seu nome. Moi preto dela está Punta Cabalo onde se ubica o seu Faro que actualmente é un restaurante. Ademais nas súas proximidades existe un chiringuito e transcorre o paseo que vai bordeando o litoral norte dende as Ruvas ata este faro ofrecendo maravillosas vistas.
LOCALIZACION GPS: 42º 34′ 4,57 ” N – 8º 53′ 7,49” W
SITUACION: Ubicada na zona noreste de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 300 metros
ANCHURA: 20 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha
MATERIAL: Area gorda, e na parte máis próxima o porto, canto rodado
ENTORNO: Urbán e forestal
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Pesqueiro, paisaxístico, turístico e recreativo
USO TURÍSTICO: Medio
SERVIZOS: Si
Porto, duchas, papeleiras, chiringuito de verán, area recreativa e zona arbolada con zonas de descanso.
Realízase a análise microbiolóxica das augas de baño.
OBSERVACIÓNS:
Praia urbana abrigada polo vento Norte e moi frecuentada pola xente do lugar e polos turistas en particular. Conta cun porto e área de embarcacións, unha zona de sombra, áreas de descanso e miradores. Posúe un paseo de madeira que bordea o seu litoral chegando ata a zona do Furado e que continúa ata o Porto do Xufre ofrecendo vistas da Ponte e incluso da fauna marítima que pasa pola zona como os cormoráns, patos, arroaces, etc.
LOCALIZACION GPS: 42º 32′ 48,77 ” N – 8º 51′ 31,23” W
SITUACION: Ubicada na zona este de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 700 metros
ANCHURA: 20 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha
MATERIAL: Area gorda e canto rodado
ENTORNO: Marisqueiro, turístico e recreativo
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Pesqueiro, turístico e recreativo
USO TURÍSTICO: Moi alto
SERVIZOS: Si
Módulo de Socorrismo e Primeiros Auxilios, torreta, balizamento, cadeira anfibia, aseos, duchas, papeleiras, chiringuitos de verán, restaurante, pedaletas, tumbonas, piraguas, zona de estacionamento para vehículos a motor e bicicletas e área recreativa.
Realízase a análise microbiolóxica das augas de baño.
OBSERVACIÓNS:
Praia galardonada coa Bandeira Azul desde o ano 2007.
Posúe un paseo de madeira e un carril bici que bordea o seu litoral chegando ata a Praia contigua. Nesta zona iníciase a Senda Azul: Senda Perimetral Bao-Xastelas que chega ata o Espazo Natural de O Carreirón.
É unha Praia moi visitada pola xente debido á súa comodidade e servizos.
LOCALIZACION GPS: 42º 32′ 39,47 ” N – 8º 52′ 01,60” W
SITUACION: Ubicada na zona este de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 600 metros
ANCHURA: 20 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural e forestal
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Marisqueiro e turístico
USO TURÍSTICO: Alto
SERVIZOS: Si
Chiringuito de verán, áreas de descanso e aparcamento.
OBSERVACIÓNS:
Praia contigua á Praia Bandeira Azul de O Bao. Por esta praia continúa a Senda Azul. Ten un alto valor marisqueiro e paisaxístico, xa que por esta contorna existe gran variedade de fauna marítima.
LOCALIZACION GPS: 42º 32′ 24,02 ” N – 8º 52′ 04,79” W
SITUACION: Ubicada na zona sureste de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 200 metros
ANCHURA: 30 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural e forestal
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Marisqueiro, natural e turístico
USO TURÍSTICO: Alto
SERVIZOS: Si
Chiringuito de verán, duchas, áreas de descanso e aparcamento.
OBSERVACIÓNS:
Praia de area fina pola que continúa a Senda Azul ademais do Sendeiro Biosaludable. Ten un alto valor marisqueiro, paisaxístico e deportivo, xa que por esta contorna existe gran variedade de fauna marítima, practícase deporte, etc.. Nas súas proximidades ubícase un dos campings do lugar.
LOCALIZACION GPS: 42º 32′ 12,11 ” N – 8º 52′ 06,46” W
SITUACION: Ubicada na zona sureste de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 400 metros
ANCHURA: 30 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural e forestal
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Marisqueiro, natural e paixasístico
USO TURÍSTICO: Alto
SERVIZOS: Si
Chiringuito de verán, duchas, áreas de descanso, aparcamento, aparatos deportivos, camping, aluguer de pedaletas, piraguas, tumbonas e área de autocaravanas e escola de deportes acuáticos.
Realízase a análise microbiolóxica das augas de baño.
OBSERVACIÓNS:
Praia de area fina, tranquila e moi abrigada. Ten un alto valor marisqueiro e paisaxístico, pasando polo lugar o Sendeiro Biosaludable e a Senda Azul. Neste lugar sitúase un dos campings do lugar.
LOCALIZACION GPS: 42º 32′ 00,10 ” N – 8º 52′ 04,09” W
SITUACION: Ubicada na zona sur de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 200 metros
ANCHURA: 30 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Recta
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural e forestal
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Marisqueiro, natural e paixasístico
USO TURÍSTICO: Alto
SERVIZOS: Si
Chiringuito de verán, áreas de descanso, aparcamento, camping.
Realízase a análise microbiolóxica das augas de baño.
OBSERVACIÓNS:
Praia de area fina, tranquila e moi abrigada. Ten un alto valor marisqueiro e paisaxístico, pasando polo lugar a Senda Azul. Na beira do sendeiro desta praia está o Con do Cocodrilo que recorda a este peculiar anfibio pertencente á “Ruta dos Cons”. Sitúase un dos campings do lugar.
LOCALIZACION GPS: 42º 31′ 54,47 ” N – 8º 52′ 09,13” W
SITUACION: Ubicada na zona sur de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 1000 metros
ANCHURA: 30 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Cuncha
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural e forestal. Zona protexida
ACCESOS: A pé e en coche
INTERESE: Marisqueiro, natural e paixasístico
USO TURÍSTICO: Moi alto
SERVIZOS: Si
Chiringuito de verán, áreas de descanso e mesas, zona arbolada, estacionamento moi preto.
Realízase a análise microbiolóxica das augas de baño.
OBSERVACIÓNS:
Praia cun alto valor marisqueiro, natural e paisaxístico. Aquí remata a senda Azul e da inicio á Ruta dos Pilros. Pertence á Paraxe Natural do Carreirón, sendo unha zona protexida.
LOCALIZACION GPS: 42º 31′ 38,29 ” N – 8º 52′ 20,71” W
SITUACION: Ubicada na zona sur de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 500 metros
ANCHURA: 30 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural e forestal
ACCESOS: A pé
INTERESE: Marisqueiro, natural e paixasístico
USO TURÍSTICO: Alto
SERVIZOS: Non
Realízase a análise microbiolóxica das augas de baño.
OBSERVACIÓNS:
Praia de area fina, tranquila e moi abrigada do vento norte. Ten un alto valor marisqueiro, paisaxístico e natural xa que a súa contorna está formada por dunas e vexetación típica. Moi preto dela sitúase a lagoa e unha caseta se avistamento de páxaros.
LOCALIZACION GPS: Espiños Grande 42º 31′ 56,18 ” N – 8º 52′ 31,06” W
Espiños Pequeno 42º 31′ 58,54 ” N – 8º 52′ 34,59” W
Espiños do Barco ou Praia do Barco 42º 31′ 55,04 ” N – 8º 52′ 39,17” W
SITUACION: Ubicada na zona sur de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 150 metros cada unha das calas
ANCHURA: 30 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Semicuncha e recta
MATERIAL: Area fina
ENTORNO: Natural e forestal
ACCESOS: A pé
INTERESE: Marisqueiro, natural e paixasístico
USO TURÍSTICO: Medio
SERVIZOS: Non
OBSERVACIÓNS:
Os Espiños están formados por tres calas: Espiños Grande, Espiños Pequeno e Espiños do Barco ou Praia do Barco. Son de area fina, tranquilas e abrigadas. Teñen un alto valor marisqueiro, natural e paisaxístico, posto que están nunha zona protexida, a Paraxe Natural de O Carreirón. Nesta contorna atópase un observatorio de paxaros xa que na súa ensenada invernan diversas aves limícolas. Por este lugar pasa a “Ruta dos Pilros”.
LOCALIZACION GPS: 42º 32′ 39,84 ” N – 8º 52′ 19,72” W
SITUACION: Ubicada na zona oeste de A Illa de Arousa
LONXITUDE: 200 metros
ANCHURA: 30 m en baixa-mar e 10 m en pleamar
FORMA: Cuncha
MATERIAL: Area fina e rochas
ENTORNO: Natural e forestal
ACCESOS: En coche
INTERESE: Marisqueiro e paixasístico
USO TURÍSTICO: Medio
SERVIZOS: Non
OBSERVACIÓNS:
Praia de area fina, tranquila abrigada do vento sur. Ten un alto valor marisqueiro e paisaxístico xa que ofrece unha panorámica da zona norte da Illa.
Enlaces:
Consellería de Sanidade: Sanidade Ambiental: http://www.sergas.es
Sistema de Información Nacional de Augas de Baño: http://nayade.msc.es/Splayas