A natureza, tan arraigada a esta Illa, gózase en cada extremo deste lugar, a vexetación en estado puro pódese atopar a cada paso: a flora, a fauna, o mar, as rochas, a paisaxe… todo fai que sexa un pequeno paraíso ancorado no mar.
Conta esta Illa con zonas protexidas, que serven de morada de paso a moitas especies, como o Espazo Natural do Carreirón, o pequeno pulmón do municipio, a zona da Area da Secada coa duna móvil mirando cara a costa ou os Illotes de Xidoiros Areoso e Pedregoso, un gran areal e rochedal que fan semellar un oasis no medio do Atlántico.
O Espazo Natural do Carreirón está situado na zona sur da Illa, unha península unida a este municipio polo Tómbolo das Salinas, cunhas 550 hectáreas está incluida na área protexida denominada “Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira”.
Zona de grandes ecosistemas, lagoas, dunas e marismas ten otorgadas varias categorías de protección como a Rede Natura 2000, humidal protexido, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Zona RAMSAR e Zona Especial de Protección de Aves (ZEPA).
A Illa Xidoiros Areoso, e un illote no interior da Ría de Arousa, a 1.4 km o oeste de A Illa de Arousa. E o maior dos illotes que conforman o arquipélago de Rúa e Xidoiros, no interior da ría. Ten uns 600 m de largo de norte a sur, polos 200 m no se punto mais ancho e só ten un máximo de 9 m de alto. Está constituido casi completamente de area fina.
A pesar do seu tamaño, destacan a presencia de varios restos arqueolóxicos como dólmens ou túmulos megalíticos.