Gastronomía e Tradición

A Illa de Arousa, pola súa situación privilexiada, goza da maioría dos ecosistemas marítimos que lle permite producir unha gran variedade de produtos.

É a Illa un modelo a seguir en canto a  súa gastronomía, xa que desde tempos inmemoriais amosa a súa elaboración a partir da materia prima; que é recollida do mar para levala ó prato e ser degustada polo comensal.

A cociña arousana non precisa de gran preparación, xa que o propio produto autóctono ten ese sabor propio da cociña atlántica, o sabor salgado do mesmo mar.

A culinaria que vai a través das xeracións ten a súa base sobre todo en produtos como o mexilón producido nas bateas, a ameixa recollida das innumerables praias, o polbo, a navalla, os diferentes peixes,…

IMG_1682 image description

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pero esta Illa, ademáis de conservar a súa tradicional cociña, conserva moitas e antigas tradicións galegas, como a do 2 de Novembro, cando tódolos nenos saen ás rúas e porta a porta van pedir “unha esmoliña polos difuntiños que van alá”, e as xentes da Illa danlles doces, froitas, agasallos,…

Tamén son tradición na Illa as Dornas, a embarcación tradicional de orixe vikinga usada para o traballo no mar e que agora son utilizadas para as regatas de dorna tradicional a vela.

dorna 2