O Centro de Interpretación da Conserva, unha antiga fábrica de conservas recuperada por iniciativa municipal que forma parte dos Museos da Rede de Turismo Cultural Galaico-Portuguesa, mostra o encanto vencellado á labor das persoas e o traballo do mar, memorando a adicación dos seus cidadáns ó traballo que transcorre arredor da pesca, dos portos e da industria.
Esta antiga fábrica de conservas foi fundada por Juan Goday Güal, un dos exemplos de emigrantes cataláns que inician no século XVIII a súa instalación en Galicia.
En 1843 monta a súa fábrica de salazón e coñecedor das innovacións que se realizan, en 1879 pon en marcha a súa fábrica de conservas, a primeira de Galicia, adquirindo gran prestixio cos seus mercados no estranxeiro.
En 1881, a fábrica é visitada polo Rei Alfonso XII e no ano 1882 é nomeada proveedora da Casa Real.
O Centro de Interpretación alberga a estrutura inicial da fábrica co mesado de limpeza e aceitado orixinais da época, así como a máquina de vapor que daba movimento a toda la fábrica.
O Centro de Interpretación da Conserva é desde o ano 2011 Centro Bandeira Azul galardón que otorga ADEAC. Ademais, ese mesmo ano adquire o distintivo de Calidade Turística que otorga TURESPAÑA a través do SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística en Destino).
Moi preto á factoría está un peirao de madeira construído a principios do século XX para o servizo da fábrica de conservas de Goday. O seu uso era particular e alí atracaban os botes (tipo xeiteira) para a descarga do peixe que ía posteriormente por unha vía para a fábrica hoxe Centro de Interpretación da Conserva.
O Centro e o Muelle de Pau son a reliquia do que nalgún momento foi o inicio da industrialización arousana.