A Ruta dos Cons
É esta unha ruta que percorre A Illa pola beira mar da súa silueta. Dividida en dous tramos vense as esculturas máis emblemáticas e características desta vila tan vinculada ó mar e á pedra, porque son estas moles graníticas as que serven ós mariñeiros como marcas para a súa pesca.
Despois de facer a travesía a pé desta ruta e contemplar a marabillosa paisaxe que nos oferta, o mellor é rematar cun pequeno atardecer degustando o produto da zona.
A Ruta dos Pilros.
A mellor época para poder facer esta ruta polo Espazo Natural do Carreirón é na primavera, despois das choivas invernais, cando aparecen os primeiros raios de sol e as primeiras aves migratorias comezan a chegar e aniñar nesta contorna para poder marchar cando as primeiras follas das árbores empezan a caer. Pódese apreciar o silencio da natureza, os piares das aves e o quédecir do mar, ó tempo que se respira un ar puro e tranquilo.
Nesta ruta, coa axuda dos observatorios para aves, realízase a ruta dos pilros, que silenciosa e momentáneamente habitan nesta paraxe.
Son moitas as actividades que se poden facer nesta illa na época invernal, desde a partcipación nas festas patronais onde a súa poboación se engalana para honrar ó seu patrón San Xulián e disfrutar deste día, pasando polo Antroido onde o disfraz e a diversión se mesturan coa participación da xente dos arredores da comarca.
Tamén é o inverno época propicia para practicar deportes ó ar libre como son as rutas a pé ou en bici percorrendo este sete ancorado na ría, como para practicar actividades acuáticas como o windsurf ou o esquí acuático nas súas praias.
Ofrece esta Illa, ademáis do sol e a praia, unha gastronomía fascinante, proba disto son as innumerables festividades que se lle otorgan a cada un dos produtos que diariamente son recollidos do mar e que no verán pasan a ser os anfitrións da festa. Pobo de pesca dos mellores mariscos entre os que destacan o polbo, a navalla e o mexilón, sen deixar de mencionar a exquisitez da ameixa, o camarón ou a sardiña.
Son varios os fins de semana estivais que se adican a cada un destes produtos para que a xente poida degustar deles nas diferentes festas gastronómicas acompañados dun ambiente familiar e das vistas que ofrece o entorno que rodea esta vila.
Na súa condición de Illa, é, este municipio, un lugar que ofrece infinitas actividades acuáticas para facer, desde a práctica a nivel individual como é a vela, o windsurf, a pesca e o submarinismo, como en grupo como son a vela tradicional, as rutas en piragua que bordea toda a costa deste pequeno concello, como as rutas en barco con ou sen patrón, amosando cada unha delas o encanto dunha illa salvaxe desde outra perspectiva que é o mar.
Embriagados pola paisaxe que ofrecen estas rutas as persoas participantes nesta aventura poderán ver o traballo no mar, o feito de viaxar por mar e coñecer un pouco máis do seu modo de vida ou simplemente ser partícipe activo da paisaxe que se pode apreciar da ría e da illa.
Máis de oitenta praias bañan esta vila, corazón da Ría de Arousa. Pequenas calas, praias de area fina, grandes areais rodeados da vexetación en estado puro… Praias para gozar de todas as súas formas: tomar o sol, mergullarse nas súas augas e coñecer os seus fondos, practicar actividades acuáticas, disfrutar da tranquilidade que nos ofrece cada unha delas e contemplar os atardeceres máis espectaculares mentras se toma algo a pé de praia coa frescura do mar máis cristalino da Comarca do Salnés.
Ademáis conta esta Illa, con dúas praias recoñecidas coa calidade da Bandeira Azul que certifican todos os seus servizos e augas.
É A Illa un lugar con encanto, a arquitectura civil e relixiosa, a chegada dos cataláns a esta terra, o mar,… amosan a pegada do desenvolvemento tecnolóxico e industrial dos sete quilómetros cadrados e dos cinco mil habitantes desta vila.
Para coñecer a idiosincrasia desta illa o mellor e visitar “in situ” os lugares máis emblemáticos deste lugar. Visita obrigada ó Mirador Con do Forno, onde poder ver unha verdadeira panorámica da vila coas chimeneas do que algún día foron grandes fábricas de conserva, visitas os lavadoiros, cruceiros e hórreos mostra da cultura arquitectónica propia galega, a igrexa e imaxe da Virxe do Carme, os portos, o Centro de Interpretación da Conserva e o Muelle de Pau como reliquia do que nalgún momento foi o inicio da industrialización arousana.