O Concello de A Illa de Arousa propón diferentes visitas guiadas que se poden realizar con previa solicitude e cun coste de 1,50 € por persoa a lugares como ó Centro de Interpretación da Conserva, ó Porto e Lonxa, etc.
Visita guiada polo Centro de Interpretación das Conserva onde se explica o proceso que se seguía antigamente na fábrica para elaborar as conservas de peixe, mariscos,… ademais poderán utilizar as pantallas táctiles para coñecer autonomamente as curiosidades e particularidades desta fábrica. Acompañarase esta visita coas anécdotas que rodean a esta factoría así como a reprodución dun vídeo explicativo.
Duración aproximada: 45 minutos
Visita guiada polo Centro de Interpretación da Conserva seguido por un paseo ata o Mirador Con do Forno onde se poderá contemplar unha panorámica de practicamente toda A Illa.
Duración aproximada: 90 minutos
Visita guiada polo Porto e Lonxa do municipio onde se explican as embarcacións e artes de pesca utilizadas para faenar e extraer os prudutos do mar, a arte do marisqueo a pé e a flote, o marisco extraido, a poxa,…
Duración aproximada: 90 minutos
Ruta de acompañamento do grupo pola costa norte de A Illa de Arousa para contemplar unha panorámica da Ría: coa zona do porto do Xufre, as vistas de Arousa Norte: a Costa do Barbanza, ata chegar ó Faro Punta Cabalo, Area da Secada, Mirador Niño de Corvo e finalmente rematar no Mirador Con do Forno.
Duración aproximada: 120 minutos.