Economía e Mar

Os recursos mariños son a súa principal fonte de ingresos, destacando o sector mexilloeiro, o marisqueo a pé e a flote, ademáis de outras artes menores de pesca.

A Illa conta con catro portos, o Porto do Xufre, o Porto da Ribeira do Chazo, o Porto do Cabodeiro e o Porto do Naval, todos eles destinados a actividades relacionadas co mar: principalmente a carga e descarga de mexilón, ameixa, peixe,…

Froito desta economía e cultura peixeira, a illa arrecende a salitre e a mar, ademáis de ilustrarnos cos aromas da súa gastronomía, que fai honra do que o mar nos ofrece.

Para poder facerse unha idea máis detallada do peso de cada sector na economía da Illa, resulta interesante ver os datos do IGE (Instituto Galego de Estadística) a este respecto:

          – O 52,5% da poboación activa traballadora adícase a agricultura e a pesca

          – O 33,91% ó sector servizos

          – O 9,35% á industria

          – O 3,90% á construcción

Outra forma interesante para coñecer en profundidade a economía da Illa é a través das súas empresas e a condición xurídica destas. Das cales se desprenden os seguintes datos:

mexillon

          – Hai rexistradas 232 empresas, das que 137 son persoas físicas (autónomos), 62 son Sociedades de Responsabilidade Limitada (S.L), 2 cooperativas, 2 Sociedades Anónimas (S.A) e 29 constítuidas de outras formas.

En canto ó numero de traballadores por empresa chega con dicir que máis do 95% son PEMES (Pequena e Mediana Empresa) e dentro destas o 66% son de carácter unipersoal.