Desde o 5 ata o 7 de Setembro a Illa de Arousa acollerá unha nova edición da Festa do Pulpo no porto do Xufre. Haberá unha serie de stands con mesas para poder degustar este exquisito manxar nas súas diferentes variedades: á vinagreta, en empanada, á feira e principalmente o Polbo á Illa (con unha salsa a base de cebola e pimentón).

Non faltará tampouco a tradicional pulpeira do Carballiño. Tamén haberá croquetas de marisco, paella, empanada de atún, tortilla e filloas.

A comida estará amenizada por un grupo musical.

 

festa do pulpo Illa de Arousa