– Saneamento público.
– Recollida de residuos, aceites e reciclaxes.
– Xestión e funcionamento do punto limpo en colaboración con medio ambiente.
– Sumidoiros.
– Mantemento de xardíns, paseos, parques públicos.
– Limpezas xerais de rúas.
– Alumeado público e de obras.
– Mantemento do colexio publico Torre Illa.
– Mantemento e limpeza de praias e o seu entorno.
– Mantemento e limpeza da praza de abastos.
O persoal do Concello está ao servizo da veciñanza e dunha administración próxima, moderna e activa. O persoal do Concello ten que sentirse parte deste proxecto colectivo, estar motivado e retribuído axeitadamente.
Traballamos para garantir un uso eficiente dos recursos públicos cunha xestión austera, planificada e achegada á cidadanía.
A honestidade e a transparencia, dúas premisas que aplicamos como xestores do servizo público, que nos guían no desempeño das nosas funcións.
Na Arousa queremos ser un referente no control e no rigor orzamentario, requisito indispensable para estar en condicións de poder saír das dificultades económicas nas que actualmente vivimos.