Os recursos mariños son a súa principal fonte de ingresos, destacando o sector mexilloeiro, o marisqueo a pé e a flote, ademáis de outras artes menores de pesca.
A Illa conta con catro portos, o Porto do Xufre, o Porto da Ribeira do Chazo, o Porto do Cabodeiro e o Porto do Naval, todos eles destinados a actividades relacionadas co mar: principalmente a carga e descarga de mexilón, ameixa, peixe,…
O outro sector destacado e en auxe nos últimos anos é o de servizos, sobre todo debido o inmenso potencial turístico co que conta a Illa. Destacan paraxes de gran beleza como o entorno do Faro Punta Cabalo, o mirador Con do Forno, o arquipélago Xiadoiro-Areoso ou o conxunto do Parque Natural de O Carreirón.
Para poder facerse unha idea máis detallada do peso de cada sector na economía da Illa, resulta interesante ver os datos do IGE (Instituto Galego de Estadística) a este respecto:
– O 52,5% da poboación activa traballadora adícase a agricultura e a pesca
– O 33,91% ó sector servizos
– O 9,35% á industria
– O 3,90% á construcción
Outra forma interesante para coñecer en profundidade a economía da Illa é a través das súas empresas e a condición xurídica destas. Das cales se desprenden os seguintes datos:
– Hai rexistradas 232 empresas, das que 137 son persoas físicas (autónomos), 62 son Sociedades de Responsabilidade Limitada (S.L), 2 cooperativas, 2 Sociedades Anónimas (S.A) e 29 constítuidas de outras formas.
En canto ó numero de traballadores por empresa chega con dicir que máis do 95% son PEMES (Pequena e Mediana Empresa) e dentro destas o 66% son de carácter unipersoal.