MEDIO AMBIENTE
Vimos promovendo desde a concesión pola UE dun programa LIVE o uso da reciclaxe entre toda a veciñanza e queremos compartir un breve guión para levar a cabo este cometido.
Somos pioneiros na compostaxe doméstica no ámbito galego, que é un sistema eficaz para o peche do ciclo da materia orgánica.
Nestes momentos contamos con mais de 450 composteiros na Arousa, o segundo de Galicia por número de habitantes, ofrecendo a todos estes un desconto no recibo da recollida de residuos.
Todos os martes e xoves pódese recoller substrato para os usuarios do composteiro.
O Concello ademais de dar un servizo ós veciños, tamén colabora para mellorar o monte e previr incendios.
As liñas de actuación a seguir durante a lexislatura que vai do 2023 ata o 2027 son as seguintes:
Recuperar as áreas degradadas na liña de costa urbana.
Promover a creación de voluntariado ambiental.
Continuar as medidas de aforro enerxético.
Impulsar a compostaxe e a reciclaxe con medidas de estímulo e bonificacións.
Continuar o desenvolvemento das sendas peonís.
Continuar coas actividades didácticas de sensibilización ambiental.
NORMAS DE USO DO PUNTO LIMPO A ILLA DE AROUSA
Martes de 10 a 14
Xoves de 10 a 14
Sábados de 10 a 14
Outras das nosas liñas de traballo son: