A ILLA DE AROUSA E O SEU ENTROIDO…
Por todos e todas é coñecida a singularidade no carácter e tradicións do pobo de A Illa de Arousa. Os seus veciños e veciñas poden presumir dunha unión case fraternal que ademais de levalos e levalas a alcanzar grandes logros ó longo do tempo, tamén fan que durante as súas festas se acade un ambiente totalmente familiar.
Deste xeito, falar do “Entroido da Illa de Arousa” é facer referencia a esa unión tan forte entre as diferentes xeracións. O espírito festivo das súas xentes percorre as rúas dun xeito anárquico durante os sete días desta festividade. Os liborios coas súas caretas únicas e tradicionais, os grandes disfraces elaborados durante meses para lucir o luns de Entroido e o sábado das carrozas, as letras e a sátira áceda das súas comparsas,… todo mesturado con grandes doses de tradición, diversión e anarquía propio dun pobo que fai desta semana unha cita de referencia.
sweet bonanza- Giriş tatlı bonanza