TURISMO, EMPREGO E FORMACIÓN Rosa María Viana Rodríguez

TURISMO

Nesta concellaría traballamos cada día na procura de mellorar a conservación do noso patrimonio natural e cultural, o mantemento de praias e a estructuración de paseos e rutas para os nosos veciños e visitantes.

Pero para profundizar neste tema, invítovos a visitar a nosa web turismo de A Illa De Arousa.

As actuacións que se van a levar a cabo neste ámbitos son:

  • Manter as bandeiras azuis e os diferentes galardóns concedidos.

  • Crear unha imaxe distintiva de Turismo da Illa de Arousa.

  • Dotar de equipamento o Centro de Interpretación da Conserva e deseñar unha programación de talleres didácticos.

  • Apoiar as festas locais, a través de recursos materiais, humanos e económicos.

  • Procurar a declaración das festas locais como de Interese Turístico.

  • Dotar a Arousa de paneis informativos e sinalizar todas as sendas turístico-ambientais.