Xornadas no Concello da Illa de Arousa sobre 
a) Residuos e Compostaxe (29.11.2019) e
b) Mulleres, Cambio Climático e Transición enerxética (30.11.2019)

O departamento de Medioambiente do Concello da Illa de Arousa 
anuncia a celebración de dúas xornadas a finais deste mes con 
temáticas relevantes para a elaboración da Axenda 2030 
có plan de acción para a transición enerxética, a reducción de emisións,
e a mitigación dos efectos do cambio climático.
A primeira o venres 29 sobre o reto da xestión dos nosos residuos 
tamén ten como obxectivo celebrar os 20 anos que leva o proxecto de
compostaxe doméstica no concello, con moita experiencia que contar.
Habrá unha exposición, reparto de compost e agasallos, unha visita
ao composteiro comunitario e ponencias sobre a temática.
O sábado 30 vai ser dedicada áo papel das mulleres na transición
enerxética e a mitigación dos efectos do cambio climático. Nunha
xornada organizada por mulleres da Cooperativa Xenegia para la
Universidade Popular da Illa de Arousa queremos enfocar temáticas 
ao redor das enerxías con perspectiva de xénero, como os nosos
derechos, responsabilidades e oportunidades.
En cada xornada está previsto a xeración participativa de ideas de 
acción e proxectos ao respecto para a descarbonización na Illa de Arousa.