XORNADAS PARA A TRANSICIÓN ENERXÉTICA NA ILLA DE AROUSA

A Illa de Arousa foi elexída ese ano como unha das 26 illas europeas pioneiras en dar un paso pa diante e elaborar a súa axenda estratéxica para a transición enerxética. No marco deste proceso participativo, con perspectiva áo ano 2030, o Transition Team da Illa de Arousa, organo constituido con ese fin por representantes de diferentes entidades isleñas, organiza para o luns e martes da semana que ven unhas xornadas moi interesantes con actividades respecto á temática do cambio hacia as enerxías limpas.

Luns 29 faráse un obradoiro sobre comunidades enerxéticas, a nova figura como un vecindario pode xerar e distribuir a súa propia enerxía. E ás oito da tarde do luns celebraráse unha mesa redonda sobre a temática da transición enerxética nas illas europeas.

Contamos coa participación na actividades do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía IDAE do Ministerio para la Transición Ecológica, do Secretario de Clean Energy for EU Islands, da Fundación Axencia Enerxética Provicial da Coruña FaePAC e ademáis con representantes do Transition Team da Ilha de Culatra de Portugal, tamén no proxecto das illas europeas para a transición enerxética.

Coinciden as xornadas coa visita na Riá de Arousa do barco Rainbow Warrior III, na súa marcha “Cambia a enerxía – non o clima”, e está planificada unha saída marítima coa lema “Subir velas cara a transición enerxética”, cando este marcha o vindeiro martes.

Tamén coincide que a cooperativa Nosa Enerxía, entidade colaboradora no proxecto da Illa de Arousa, e parte do Transition Team, celebra o seu 5. aniversario, con tal fin preparanse exposicións e obradoiros para o martes a partir do medio día no paseo marítimo.

Descargar programa das xornadas no seguinte enlace: