Desde o 2 ata o 4 de Setembro a Illa de Arousa acollerá unha nova edición da Festa do Pulpo no Paseo marítimo do Campo.

Prepararase nas súas distintas variedades: pulpo á vinagreta, en empanada, con fabas. á feira e principalmente polbo á illa, cunha salsa a base de cebola e pimentón. Non faltará tampouco a tradicional pulpeira do Carballiño. Tamén haberá croquetas de marisco, empanada de atún, tortilla e filloas.

A comida estará amenizada polas actuacións dun grupo musical.