Xa chega unha nova edición da Festa do Deporte da Illa de Arousa.

Recordade que todos aqueles que queirades participar nas dististas modalidades deportivas, teredes que anotarvos na Oficina de Turismo ou nos diferentes clubes deportivos segundo o deporte escollido. O prazo para inscribirse remata o xoves 18 de Agosto.

As competicións terán lugar desde o Domingo 21 ata o Sábado 27 de Agosto. No cartel que acompaña esta nova tendes os días e horarios de disputa dos distintos deportes.

A Illa de Arousa sempre co DEPORTE!!!