Un ano máis a Fundación Deportiva Municipal organiza a Festa do Deporte da Illa de Arousa e xa van once edicións. Este ano as actividades levaránse a cabo na semana que vai desde o domingo 23 ata o sábado 29 de Agosto. O programa é o seguinte:

Domingo 23: Festival de Xadrez / Hora: A partir das 11:00 h / Lugar: Praza do Concello

Martes 25: Andaina Saudable e Fitness / Hora: A partir das 20:00 h / Saída: Praza do Concello

Mércores 26: Exhibición de Patinaxe / Hora: Ás 11:00 h / Lugar: Pista exterior do IES

Baloncesto / Hora: A partir das 19:00 h

Finais 3X3 / Hora: A partir das 21:00 h / Lugar: Pavillón do Colexio Torre-Illa

Xoves 27: Dornas a vela / Hora: A partir das 17:00 h / Lugar: Praia da Canteira

Venres 28: Piragüismo / Hora: A partir das 16:30 h / Lugar : Praia da Canteira

Sábado 29: Marcha ciclista / Hora: Ás 11:00 h / Lugar: Diante do IES da Illa de Arousa

Exhibición Ximnasia Rítmica / Hora: Ás 18:30 h / Lugar: Pavillón do Colexio Torre-Illa

A entrega de premios terá lugar o sábado 29 ás 19:30 h no Pavillón do Colexio Torre-Illa.