ACTIVIDADE GRATUITA – nen@s de Infantil

Estamos de volta coas actividades deportivas de verán! O uso da máscara pasa a ser recomendable pero deixa de ser obrigatorio.
Temos que volver a coller o gusto pola actividade física e que vaian adquirindo a práctica como algo habitual nas súas vidas, sempre adecuándoo ao nivel de cada idade.
Así pois, cos mais pequenos, traballaremos aspectos relacionados coa mellora do movemento corporal, coa relación cos demais, así como valores coma a cooperación, respecto…E todo isto mediante Xogos temáticos de PIRATAS, INDIOS, CIRCO,EXPLORADORES,…

Adiántate a todos! As prazas son limitadas! Tendo preferencia os empadroados na Illa de Arousa e sendo por rigorosa orde de inscrición. Entrega a túa inscrición por whats App ao 662300391 a partir do día 1 de xuño ás 10 da mañán. As Inscricións recibidas antes desa data ou despois do día 23 non serán atendidas. A folla de inscrición orixinal poderá ser entregada na 2ª planta do Concello calquera día en horario de 10 a 14 horas ou o propio día que comecen as actividades.
Durante o verán, esta actividade vaise desenvolver no pavillón do IES A Illa de Arousa dous días na semana e unha hora e media cada día.

1ºGRUPO – nen@s nados no 2016 – 2017 *: Luns e mércores de 10:00 – 11:15 h
2º GRUPO – nen@s nados no 2018 : Martes e xoves de 10:00 – 11:15

OS HORARIOS E OS GRUPOS PODEN SUFRIR CAMBIOS UNHA VEZ FEITAS AS INSCRICIÓNS.

• E convinte que os nenos leven unha botelliña de auga para que beban antes, durante e ó remate da sesión para favorecer a hidratación.
• Deberán levar otros tenis para cambiar no pavillón.
• As actividades comezarán a partires do luns 4 de xullo e rematan o mércores 31 de agosto