A Fundación Deportiva Municipal segue a traballar por promover a actividade física e o deporte como parte fundamental no crecemento e formación humana de toda persoa, e en especial, dos máis pequenos.

Neste sentido traballamos para que xa desde pequenos collan gusto pola actividade física e que vaian adquirindo a práctica como algo habitual nas súas vidas, sempre claro está, adecuandoo ó nivel de cada idade.

Así pois cos máis pequenos traballaremos aspectos relacionados coa mellora do movemento corporal, coa relación cos demais, así como valores de cooperación, respeto… E todo isto ¡¡XOGANDO!!

ADIANTÁTE A TODOS!! AS PRAZAS SON LIMITADAS!! Terán preferencia os empadroados na Illa de Arousa e sendo por rigurosa orde de inscrición.

Durante o verán esta actividade vaise a desenvolver no Pavillón do IES da Illa de Arousa, dous días á semana e dunha duración de de hora e media cada día.

1º GRUPO: Nen@s nados no 2011/2012: Martes e Xoves de 10:30 a 12:00 h.

2º GRUPO: Nen@s nados no 2009/2010: Martes e Xoves de 12:00 a 13:30 h.

A continuación poderedes descargar o díptico promocional do programa e onde aparece a folla de inscrición e as normas da actividade.

FORMULARIO INSCRICIÓN VERÁN DIVERTIDO

BO VERÁN!!!