XULLO E AGOSTO
Estamos de volta coas actividades deportivas de verán! O uso da máscara pasa a ser recomendable pero deixa de ser obrigatorio.
Este ano continuamos con AVENTURAS AO NATURAL onde faremos actividades ao aire libre nas que disfrutar de rutas de sendeirismo, xogos acuáticos, descubrir novos deportes, xogos físicos basados en videoxogos,…
Imos percorrer toda a Illa quedando cada día nun lugar que se informará con antelación (Os 2 primeiros días quedamos na entrada de Carreirón).
E os venres, RUTAS EN BICICLETA saíndo sempre do IES.
Adiántate a todos! As prazas son limitadas! Tendo preferencia os empadroados na Illa de Arousa e sendo por rigorosa orde de inscrición. Debes escoller as actividades por preferencia e o mes xa que poden reducirse no caso de estar os grupos completos e para que quede o menor número de nenos fóra. (Pon un número de preferencia si escolles mais dunha actividade)
Entrega a túa inscrición por whats App ao 662300391 a partir do día 1 de xuño ás 10 da mañán. As Inscricións recibidas antes desa data ou despois do 23 non serán atendidas. A folla de inscrición orixinal poderá ser entregada na 2ª planta do Concello calquera día en horario de 10 a 14 horas antes do comezo das actividades.
ACTIVIDADE FÍSICA AO AIRE LIBRE: 2 TURNOS DE IDADE
GRUPO I (Nados no 2013-2014-2015)
AVENTURAS AO NATURAL: Luns e Mércores de 11:45 A 13:30h
RUTAS EN BICICLETA: Venres de 10:00 a 11:30h
GRUPO II (Nados no 2012 ou anteriores)
AVENTURAS AO NATURAL: Martes e xoves de 11:45 A 13:30h
RUTAS EN BICICLETA: Venres de 12:00 a 13:30h
OS HORARIOS E OS GRUPOS PODEN SUFRIR CAMBIOS UNHA VEZ FEITAS AS INSCRICIÓNS.
• Para Rutas en bicicleta os nenos deben saber andar en bicicleta sen patíns e será obrigatorio o uso de casco. Os grupos serán por nivel que se decidirá o primeiro día de actividade.
• En Aventuras ao natural é recomendable que leven crema para o sol e gorra.
• E convinte que os nenos leven para tódalas actividades unha botelliña de auga para que beban antes, durante e ó remate da sesión para favorecer a hidratación.
• As actividades comezarán a partires do VENRES 1 de xullo e rematan o MÉRCORES 31 de agosto.