«Homenaxe a Joseph Beuys», é un proxecto ideado para os Centros Escolares, CEIP,CEE ,IES, ANPAS e Asociacións de Educación Especial, dentro da V Semana Mundial da Educación Artística convocada pola UNESCO. Esta 3° edición de arte colectivo é polo tanto un proxecto a nivel internacional.
É unha idea pioneira neste campo polo número de Centros Educativos participantes, pois implica a moitas persoas de todalas idades e inclúe a todolos públicos, ademáis do espectador.
Trátase de reciclar unha silla ou sillón, e pintar este obxecto de verde. Poñer plantas, musgos, semillas dunha maneira creativa. É unha actividade que xeralmente se realiza no xardín ou horta ecolóxica do Centro, pero neste caso vaise máis alá querendo crear unha peza artística que os nenos poidan coidar e ver crecer, intervindo na composición floral e o no proceso creativo.
Esta peza formará parte dun conxunto formado por todalas obras participantes e co que se realizará unha exposición de carácter itinerante que arrancará en Vilagarcía de Arousa o día 19 de maio, continuando o día 21 de Maio (Día Internacional dos Museos) na Ciudad da Cultura de Santiago de Compostela, en A Illa de Arousa o domingo 22 de Maio, o lunes 23 de Maio en Cambados, e por último clausurándose no Pazo Vista Real, Vilanova de Arousa.
Data: Domingo 22 de Maio
Lugar: Muelle de Pau
Hora: de 12:00 a 20:30