A FUNDACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL A ILLA DE AROUSA ORGANIZA UN ANO MAIS A ANDAINA CON CARRITOS, NA SUA V EDICIÓN. NESTA, PODEN PARTICIPAR ATA DÚAS PERSOAS QUE LEVEN A UN PEQUENO NUN CARRO.
TRÁTASE DE SACAR PROVEITO DA FABULOSA PAISAXE COSTEIRA DE A ILLA DE AROUSA, Á VEZ QUE LOITAMOS CONTRA O SEDENTARISMO, UN DOS FACTORES DE RISCO NA SOCIEDADE ACTUAL. A PECULIARIDADE DE ESTA ANDAINA, TRATA DE MOSTRAR QUE PODEMOS REALIZAR ACTIVIDADE FÍSICA Ó MESMO TEMPO QUE COIDAMOS DOS NENOS.
A ANDAINA TERÁ LUGAR O PRÓXIMO DÍA 9 DE XUÑO ÁS 11:00H, CON SAÍDA DENDE O CONCELLO.
ESTE ANO FAREMOS O DÍA ANTES (8 DE XUÑO ÁS 11:00H), O TALLER DE XIMNASIA CON BEBÉS PARA QUE POIDAMOS PROFUNDIZAR UN POUQUIÑO MÁIS NESTA ACTIVIDADE SEN QUE OS NENOS E MAMÁS ESTEAN CANSADOS DA ANDAINA COMO FACÍAMOS NORMALMENTE.
PODEREDES APUNTARVOS A UNHA OU ÁS DÚAS ACTIVIDADES.
O PERCORRIDO SON APROXIMADAMENTE 5 KM CO QUE CONTAMOS CHEGAR AO CONCELLO SOBRE AS 12:00H XA QUE PARAREMOS EN AREA DA SECADA A FACER EXERCICIOS.
PARA PODER PARTICIPAR, DEBERÁS SER MAIOR DE 18 AÑOS, E VIR ACOMPAÑADO DUN MENOR QUE FARÁ O PERCORRIDO NUN CARRO.
AS INSCRIPCIÓNS ENTREGARÁNSE NA OFICINA DE FUNDACIÓN DEPORTIVA(SEGUNDO ANDAR DO CONCELLO) OU POR CORREO ELECTRÓNICO, ATA O 6 DE XUÑO.
RECOMÉNDASE LEVAR ROUPA E CALZADO AXEITADO, E EN FUNCIÓN DE CLIMATOLOXÍA, GORRA, PROTECCIÓN SOLAR, OU CHUVASQUEIRO.
NO SEGUINTE ENLACE PODEREDES DESCARGAR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN.