O mes de xuño comeza con CARPE DIEM na Illa de Arousa.  Carpe Diem é o novo espectáculo de Excéntricas co que a compañía celebra o seu 15º aniversario. Supón a atrevida tentativa de convertir en teatro un dos mellores contos do escritor brasileiro, gañador do Camões, Rubem Fonseca. A adaptación e dirección é de Quico Cadaval e conta cun elenco de luxo: Maria Costas, Marcos Viéitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio alias Mr. Cool que pon música en directo durante todo o espectáculo. Ademáis de música, hai intentos de crimes, cornos, sexo en moteis baratos e moito cinema en marabillosas pezas clásicas seleccionadas e montadas por Marcos Ptt. A escenografía é cousa de Ana Seoane, o vestiario de Uxia Vaello e a iluminación de Octavio Mas.

Carpe Diem, este sábado 1 de xuño, ás 21:00 horas no Auditorio Municipal da Illa de Arousa e por só 5€.