Dende o Transition Team do Concello da Illa de Arousa queremos informar sobre a campaña e as actividades na promoción da mobilidade con enerxías alternativas durante a semana europea da mobilidade/ SEM2019 baixo o lema:

ARRIA O COCHE! PONTE NOS PÉS!

  • Temos planificado para a semana do 16 ata o 22 de setembro unha campaña, “Suma kilómetros limpos!” de contabilización dos kilómetros feitos na illa nesta semana por medios non-contaminantes para calcular a pegada ecolóxica da contaminación así evitada. Para iso, pedimos colaboración da xente de Arousa, animando aos diferentes colectivos (marineir@s, escolares…) y particulares para participar e comunicar ao concello o total dos seus kilometros limpos.

  • O sábado 21 está previsto facer un obradoiro de auto-arranxo de bicicletas á vez que completar un mapa de distancias (km+minutos) na illa, para así ver, que na Arousa todo queda cerca. O colexio Torre Illa traballará nesta semana un mapa de distancias a pé por minutos, o “METRO-MINUTO”, e durante o sábado completarémolo cóas distancias en bici “Bici-Minuto”.

    Contamos para ese día coa participación da Asociación “Arousa en bici”.

  • Ademáis imos ter unha charla o venres 27 sobre o Plan de Mobilidade Sostible PMUS, o documento que guiará a transición do tráfico na Illa de Arousa nos vindeiros anos, máis xa con medidas a curto prazo. Nesta charla presentaremos tamén os resultados da campaña dos “Kilometros limpos”, e a pegada ecolóxica que aforramos en emisións de CO2 entre tod@s durante esa semana.