O vindeiro luns 5 de Xuño, na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, realizaremos unha saída en bicicleta desde o Concello ata a praia de Area da Secada.
Unha vez alí, procederemos a facer unha limpeza das praias de Area da Secada e Barbafeita.
Recordade traer casco e chaleco. A data límite para apuntarse é o venres 2 de Xuño, despois desa data non se poderá inscribir, por motivo do seguro obrigatorio da actividade.