O mes de xullo iniciamos na aventura do Verán Deportivo e continuamos en agosto.

A Fundación Deportiva Municipal segue a traballar para promover a actividade física e o deporte como parte fundamental no crecemento e formación humana de toda persoa e, especialmente, d@s Nen@s.

¡LOITAR CONTRA O SEDENTARISMO! é o noso obxectivo principal en tódalas actividades.

40 nen@s (32,5%) entre os 3 e os 6 anos participarán dúas veces por semana na actividade de psicomotricidade.

106 nen@s (33,23%) entre os 6 e os 12 anos que ao participar en varias actividades suman un total de 213 participantes.

Dende a Fundación apostamos tamén pola profesionalización contando sempre con monitores titulados (2 licenciadas en Ciencias da actividade física e do deporte e un técnico Superior en animación físico Depotiva) para que as actividades que levamos a cabo estean o máis adaptadas para cada grupo de rapaces.

María Paredes, Ramón Regueira e Paula Dios serán os encargados de dinamizar as actividades de lecer de este verán 2017.

Todas estas actividades son gratuítas gracias aos nosos colaboradores como o Concello de A Illa de Arousa, Cofraría – OPP20 e Asociación de Mexilloeiros Illa de Arousa.

Os Luns e mércores iniciamos con PATINAXE E ACTIVIDADES ACUÁTICAS


Ilustración 1 PATINAXE

55 Nen@s entre os 6 e os 12 anos participarán nesta actividade entre xullo e agosto / 17,24% dos nen@s destas idades.

Ilustración 2 ACTIVIDADES ACUÁTICAS

 

41 Nen@s entre os 6 e os 12 anos participarán nesta actividade entre xullo e agosto / 12,85% dos nen@s destas idades.

 

Comezamos coa charla dos Socorristas e explicación das normas nunha Praia de Bandeira Azul. Gracias a Hugo e a Jacinto.

 

Os Martes e xoves tócalle ao VERÁN DIVERTIDO I e II e CADA DÍA UN DEPORTE E ACTIVIDADES NA NATUREZA

Ilustración 3 VERÁN DIVERTIDO G I

 

 

Ilustración 4 VERÁN DIVERTIDO GII

 

39 Nen@s entre os 3 e os 6 anos participarán nesta actividade entre xullo e agosto / 32,5 % dos nen@s destas idades.


Ilustración 5 CADA DÍA UN DEPORTE

 

38 Nen@s entre os 6 e os 12 anos participarán nesta actividade entre xullo e agosto / 11,91% dos nen@s destas idades.

 

Ilustración 6 ACTIVIDADES NA NATUREZA

 

30 Nen@s entre os 6 e os 12 anos participarán nesta actividade entre xullo e agosto / 9,40% dos nen@s destas idades.

 

 

Ilustración 7 RUTAS EN BICICLETA

 

Os venres tócalle a RUTAS EN BICICLETA.

50 Nen@s entre os 6 e os 12 anos participarán nesta actividade entre xullo e agosto / 15,67% dos nen@s destas idades.

 

Comezamos cunha charla sobre o uso da Bicicleta por parte da Policía Local do Concello e coa proba de nivel e de bicicletas para facer os grupos.

 

Gracias a Rafa e a Álvaro polas súas explicacións tan amenas e participativas.