RECOLLIDA DE RESTOS DE PODA
Os restos de poda non van ao contenedor verde – entréganse no Punto Limpo!
Para cantidades importantes ofrecemos ir recollelo co fin de trituralo e usalo como estructurante no compost, por iso, @s veciñ@s que chamen ó Concello entregamoslles un bigbag para despois recollelo cheo.
Para falar coa mestra composteira de calquer dúbida e para deixar cantidades menores de restos de poda podedes tamén acudir cada luns de 17-19 horas á horta de Dña. Tomasa onde o Compost Comunitario no Naval.

VISITAS DE ASESORAMENTO PARA UN COMPOST DE CALIDADE
Dende o Concello da Illa de Arousa estamos realizando visitas de seguimento dos composteiros individuais a cargo da Mestra Composteira Paula Santos Ucha. Realizarase un asesoramento sobre o proceso e resolverase calquera dúbida ó respecto.
Chamando ó número do Concello 986 527 080 acordamos cita.