O vindeiro sábado 23 de Abril terá lugar a proxección da película de animación «Maimiño e o espello máxico». Un filme galego-cubano que conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza e emprende unha viaxe chea de aventuras, na que se enfrontará a un bosque encantado e debe aprender a utilizar a súa intelixencia para superar tódolos obstáculos.

A proxección realizarase no Auditorio Municipal de A Illa de Arousa as 18:00 horas e o prezo das entradas é de 2€ a individual e de 3€ pola compra de dúas.

Data: Sábado 23 de Abril

Hora: 18:00 horas

Lugar: Auditorio Municipal de A Illa de Arousa

Prezo entradas: 1 entrada 2€/2 entradas 3€