O vindeiro venres 15 de Abril todo aquel que o desexe poderá disfrutar  da proxección da ópera “L´ELISIR D´AMORE” de Gaetano Donizetti.

‘L’elisir d’amore’ é unha comedia a medio camiño entre as tradicións rossiniana e napolitana. Nela, a ópera bufa evolucionou ata presentar pernonaxes humanas, con debilidades e sentimentos, emocións e fraxilidades. Nemorino, protagonista da historia, busca a axuda do charlatán Dulcamara para conseguir o amor da bela Adina, pero unha oportuna herdanza resultará máis eficaz que as cualidades do elixir do amor, cuio sabor resultaba sorprendentemente paracido ó viño de Burdeos.

Lugar: Auditorio Municipal de A Illa de Arousa

Data: Venres 15 de Abril

Hora: 21.00 h

Prezo: A entrada é GRATUITA