Esta mañá tivo lugar a presentación do vídeo de promoción turística de A Illa de Arousa. Con el preténdese facer chegar a todo o mundo os encantos que ofrece a nosa fermosa illa.
Unha importante aposta pola promoción, que se compartirá a través da web municipal e das redes sociais, así como tamén servirá para promocionar a Illa de Arousa en eventos como Fitur.
No seguinte enlace podedes ver o vídeo na súa versión en galego. Mentres que na canle de Youtube poderase escoitar en 5 idiomas (galego, castelán, inglés, francés e alemán)
Ademais premendo no seguinte enlace podedes ver a nova da presentación emitida polo Canal Rías Baixas, con intervencións da edil de Turismo e do Alcalde de A Illa de Arousa.