O xoves 12 de Maio ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello de A Illa de Arousa terá lugar a presentación do proxecto «ALIEN INVASIÓN» a cargo do Voluntariado Ambiental no estudo das prantas invasoras na Illa de Arousa.

Ademáis tamén se celebrará unha «Charla sobre prantas exóticas invasoras» a cargo de Manolo Domínguez «Ventos».

Animamos a tódolos veciños a acudir e participar das charlas, xa que son temas que nos interesan a todos os que vivimos na Illa de Arousa.

Data: Xoves 12 de Maio

Lugar: Salón de Plenos do Concello

Hora: 20:00 h