A Illa de Arousa ten o pracer de acoller a pre-estrea dunha obra que dous artistas de recoñecido prestixio.
Carlos Blanco e Luis Davila regresan ós escenarios co seu novo espectáculo; Menú da Noite, no que Carlos relata as súas novas e divertidas historias mentres que Luis lle vai dando vida cos seus debuxos. Un show donde o actor arousán e o debuxante de Bueu se poñen o esmoquin, bailan claqué e viaxan a Broadway, esi sí con sachos, para ofrecerlle ós espectadores unha noite de humor única e inolvidable.
Lugar: Auditorio Municipal de A Illa de Arousa
Data: Venres 1 de Abril
Hora: 21:00 horas
Entradas: 10€ en venta anticipada e 12€ na billeteira
As entradas anticipadas poderán adquirirse nos puntos habituais: Bar o Museo, Con do MOucho e Admon. de Loterías San Xulián.