Co motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de A Illa de Arousa, vai facer unha serie de obradoiros ó longo dos meses de Novembro, Decembro e Xaneiro, abertos a tódolos veciños e veciñas que o desexen, sen límite de idade .
Terán lugar no Salón de Plenos en horario de 5 a 7 da tarde.
Con estes talleres queremos responder á necesidade que temos de aprender competencias emocionais adecuadas para afrontar os retos que se nos presentan ,tanto a nivel personal e familiar ,como a nivel profesional,dada a complicada situación que nos toca vivir.
Coa grave crise económica, política e esencialmente de valores, precisamos métodos para poder manexar o noso equilibrio interno.
Necesitamos poder “navegar” con certa seguridade sicolóxica nestes “ tempos revoltos”.
Nestes talleres aprenderemos a ter ferramentas que nos axuden a superar estados de ánimo negativos.
Aprenderemos a descargar tensións, a divertirnos “ de verdade “.
Estes talleres serán prácticos e participativos onde se aprenderá a reducir o estrés.
A concelleira de Servizos Sociais, Lola Folgar, invita e anima a todos os veciños e veciñas de A Illa a participar nestes interesantes obradoiros, abertos a todas aquelas persoas que o desexen.
CALENDARIO DOS DISTINTOS OBRADOIROS
Sábado 29 de Novembro: Taller de intelixencia emocional
Mércores ,3 de Decembro: Taller de Risoterapia
Venres ,12 de Decembro: Taller de Autoestima
Venres ,19 de Decembro: Taller de Autoestima
Venres ,9 de Xaneiro: Cómo xestionar as emocións (TRASLADASE O LUNS 12 DE XANEIRO) mesmo horario e lugar.
Venres , 23 de Xaneiro: Taller de Risoterapia
Lugar: Salón de Plenos do Concello.
Hora : de 5 a 7 da tarde.