O Concello de A Illa de Arousa acolle nestas datas Oe Nadal 2016 o obradoiro “Risos en familia”, dentro da 1ª edición do programa TECENDO LAZOS da Deputación de Pontevedra.

O programa, impulsado polo servizo de Cohesión Social e Xuventude, ten como obxectivo desenvolver obradoiros entre xeracións no ámbito do lecer e do tempo libre, encamiñados a construír sociedades máis xustas, integradas e solidarias partindo do impulso dos lazos afectivos.

As datas de celebración do obradoiro serán os días 26, 27, 28, 29, e 30 de Decembro e o 2, 3, e 4 de Xaneiro.

O horario é de 10:30 a 12:30 horas da mañá.