Visita a Páxina Web Oficial: www.omarnunhaflor.gal

Xa está aqui a 2ª edición do Ciclo Atlántico » O MAR NUNHA FLOR»

Este ciclo pretende amosar A Illa de Arousa como lugar de referencia do intercambio cultural aberto ao Atlántico.

O mar nunha flor é una frase mariñeira para expresar que o mar está rizado. O vento mareiro traerá canda él a flor das artes diversas que farán que o seu arrecendo inunde os espazos naturais e urbáns coa partipación das xentes e asociacions da Arousa. Unha programación con varias expresións artísticas: obradoiros, humor, teatro, música, arte e natureza.

Do 17 ao 23 de Xullo na Illa de Arousa.