O pasado 5 de decembro, publicouse no Diario Oficial de Galicia o ANUNCIO da convocatoria de axudas para entidades deportivas sen fin de lucro da Illa de Arousa, para a participación en  competicións oficiais ou para o desenvolvemento de actividades ou escolas deportivas levadas a cabo entre o 1de xaneiro e o 31 de decembro de 2014.
As bases pódense consultar nas Oficinas da Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa sitas na 2ª Pranta do Concello e cóntase con 32 días naturais para entregar a documentación de solicitude.
Adxúntase o anuncio do DOG no seguinte enlace.