NOTA DE PRENSA 20 de febreiro 2019

PRIMEIRO PERO IMPORTANTE PASO DA COMUNIDADE DA ILLA PARA O PROCESO DA TRANSICIÓN ATA AS ENERXÍAS LIMPAS
Arousa foi elexida polo Clean Energy for EU Islands Secretariat como unha das 26 illas europeas pioneiras que van a recibir axuda na elaboración das súas axendas para o cambio ás enerxías limpas.
O obxectivo consiste no desenvolvemento, durante un proceso participativo, dunha axenda da transición enerxética para o ano 2020 que contemplará os obxectivos, os proxectos e as actuacións concretas para realizar ata 2030.

A candidatura do Concello de A Illa de Arousa para a iniciativa de enerxías limpas para illas europeas Clean Energy for EU Islands fíxose en colaboración coa cooperativa enerxética galega Nosa Enerxía, a FAEPAC e Unión Renovables.
O grupo das partes interesadas con máis de 15 entidades locais e nacionais que apoiaron a candidatura, son actores do sector productivo, privado e educativo, e colaborarán activamente no desenvolvemento da axenda e proxectos a realizar.
Gabriele von Hundelshausen, Concelleira de Medio Ambiente do Concello da Illa de Arousa: “Coa elaboración dun plan de acción local pretendemos entre todos e todas definir os obxectivos a alcanzar, crear a competencia e buscar a financiación para realizar proxectos orientados en contaminar menos, xerar a nosa propia enerxía limpa e mitigar os efectos do cambio climático no que está nas nosas mans.”

Obxectivos son a reducción en custes e emisións, contribuir ao proceso da descarbonización como ao desenvolvemento da mobilidade sostible, á conciencia ambiental e á conservación dos valores naturais, como o noso clima.
Os próximos pasos van a ser a xuntanza do grupo das partes interesadas que apoiaron a candidatura, como son actores do sector productivo, privado e educativo, para arrancar co proceso participativo para o desenvolvemento da axenda para a transición enerxética, e a firma do memorandum de colaboración coa Secretaría para as enerxías limpas para as illas da UE.