PRAIAS LIMPAS en Carreirón

Macrolimpeza no Espazo Natural protexído

Martes 4 de Abril 2017, 16:30

O martes 4 de Abril ás 16:30 h, a iniciativa “Praias limpas” organiza unha macrolimpeza nas praias do Carreirón. A actuación foi autorizada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de A Illa de Arousa colabora na organización e retirada do lixo.“Praias Limpas” nun inicio está formada por entidades do propio municipio como o Concello, IES, IGAFA e Piragüilla, así como outras entidades procedentes do continente como BATA, Colectivo “Ao Xeito”, Rodando e o Colexio Aralde. Esta iniciativa está aberta á que se impliquen máis colectivos que queiran colaborar neste tipo de actividades.

O ano pasado xuntaronse na mesma actuación ó redor de 200 persoas, deixando os areáis da xoia de Carreirón limpas de residuos orixinadas pola actividade humana, digamos: de lixo. Unha imensa cantidade de lixo chega aos mares en todo o planeta cada día. A maior parte, é levado polas corrientes marítimas para o mar aberto. As mareas, o vento e os temporais devolven outra parte ás costas, rochas e praias.

A iniciativa quere concienciar sobre o que ocorre cós nosos residuos tratando de mellorar os entornos e poder disfrutar da natureza dun xeito responsable. Na última reunión acordouse convocar limpezas con certa regularidade, seguindo o exemplo dos “Waterwatchers” do Instituto da Illa, pero aberto para toda xente e entidades e colectivos que queiran colaborar. As próximas datas de limpeza serán o xoves 4 de Maio e o luns 5 de Xuño, e o lugar da actuación acordarase unha semana antes, dependendo do estado das praias.