«CAMIÑAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO»
O Concello de A Illa de Arousa organiza a III Andaina o Bao – Carreirón, que rematará cunha sesión de tonificación.
A data de celebración será o vindeiro domingo 27 de Novembro ás 10:30 da mañá. O lugar de saída e chegada é o Bao.
É unha actividade gratuita dirixida a maiores de 18 anos. O prazo de inscrición remata o 24 de Novembro.
Todos aqueles interesados en participar poderán obter máis información nas oficinas da Fundación ou na Concellaría da Muller, na Rúa da Palmeira 25, 2º andar.
