O vindeiro 15 de Xaneiro poderemos desfrutar na Illa de Arousa do novo espectáculo de dous cómicos televisivos de gran talento Federico Pérez e Xosé Antonio Touriñán.
Non o podes perder! Trátase dunha conferencia na que os expertos investigadores Curtis & Teixeiro desvelarán as claves do terrorismo internacional, o programa secreto sexual dos partidos políticos, as gravacións secretas de Tejero horas antes do golpe de estado do 23F e, se dá tempo, tamén contarán a verdadeira historia de Noé.
O Auditorio Municipal da Illa de Arousa será a primeira parada da xira coa que percorrerán toda Galicia nos seguintes meses.
O prezo das entradas é de 10€ en venta anticipada e de 12€ na taquilla. Os puntos de venta na Illa de Arousa son: a Administración de Loterías San Xulián, o Bar o Museo e o Con do Moucho. Só se venderán a maiores de 16 anos.
Data: Venres 15 de Xaneiro
Hora: 21:15
Prezo: 10€ venta anticipada / 12€ na taquilla