O Festival do Norte regresa a Illa de Arousa os vindeiros 3, 4 e 5 de Xullo.

O Festival contará con 3 escenarios. O escenario principal «Son Estrella Galicia» ubicado na Praia do Bao (Bandeira Azul) e moi preto do Parque Natural de Carreirón. Un segundo escenario, «Turismo Rías Baixas», sito no Auditorio e como novidade, levaremos o Festival  ó centro do pobo con actuacións en directo en diferentes locais.

Os xa confirmados Glass Animals, Dorian, Standstill, Other Lives, Neil Halstead, Grupo de Expertos Solynieve, Javiera Mena, Broncho, Los Punsetes, Cooper, Trajano!, Alex Casanova y Cazador únense para completar o cartel do festival:

Hercules & Love Affair, La Bien Querida, Fernando Alfaro, Hidrogenesse, Perro, Chicharrón, White Bats y los Dj’s Amable y Viktor Ollé, Dj Maadraassoo, Isaac Torgal (Torgal Ourense) y Pinche Dj.
Os americanos Hercules & Love Affair visitan por primeira vez Galicia. A recuperación de sonidos disco e house primoxéneos que encheu as pistas de Nueva York nos 70’s y 80’s convertirá o escenario «Son Estrella Galicia»nunha xigante pista de baile. Co seu último disco, «The Feast of the Broken Heart» acercaranse aínda máis a esencia da música disco, pero ademáis aportanlle un sonido vintage a base de sintes.
A locura disco chegou ó Festival do Norte!

Ana Fernández Villaverde, La Bien Querida, cautivounos xa ca súa primeira maqueta e non deixou de facelo disco tras disco. As súas cancións partían dun principio simple pero cunha beleza que desarmaba, fabulosas poesías de amor e desamor que recordaban o fío de Los Planetas sin ruido, a intensidade emotiva de Sr. Chinarro sin ironías, a dulzura de Le Mans ou os sentimentos desnudos de The Magnetics Fields.

No Festival do Norte presentará os seus tres Maxi-Singles, «Premeditación», «Nocturnidad» e «Alevosía» que compoñen a súa última entrega discográfica.

Fernando Alfaro está de volta, renovado e con mais ganas ca nunca de facernos recordar o seu imprescindible papel no rock en español das (casi) tres últimas décadas. Desde Barcelona, onde leva anos afincado, o ex Surfin`Bichos (e ex Chucho) acaba de publicar «Saint-Malo», o primeiro álbum tras o lonxano «La vida es extraña y rara»(2011). Atentos, porque podemos estar ante un dos mellores traballos da súa carreira.

Faremos unha viaxe pola carreira de Hidrogenesse, xa que veñen de publicar un disco que recolle rarezas, hits… todo un surtido especial  baixo o nome de «Most» que nos fará de guía na carreira do dúo de art-rock electrónico.

Frencura, bo «rollo», cachondeo e, sobre todo, temazos. Eso é o que hai dentro de «Tiene Bacalao, Tiene Melodía». O debut dos murcianos Perro en formato largo, sen dúbida unha das maiores sorpresas no panorama nacional. Vamos a pasalo pipa con eles.

Chicharrón é unha palabra moi vella e con moitos significados. Chicharrón son xa vellos coñecidos na escea galega: Rubén (Telephones Rouges), Diego (Lowcost) e Alberto (Franc3s). Chicharrón é tamén o primeiro disco do grupo. Chicharrón é un álbum conceptual sobre o amor como salvación.

 ¡Moita atención a este nome! White Bats (Madrid, 2014) entraron na escea indi provocando reacións efusivas inmediatas. O mundo estaba a esperar ós Murciélagos Blancos  o seu impecable primeiro EP «White Bats». Constrúen magníficos temas, diseñando un son tenso e expansivo, actualizando na oscuridade unha actitud consistene e solemne, rebosante de estilo.

E como fin de festa de cada xornada do festival teremos sesións dos Dj`s residentes da Sala Razzmatazz de Barcelona Amable & Viktor Ollé con un set conxunto e especial. Con Dj Maadraassoo, tamén residente de Razzmatazz, teremos 100% garantizado os «temazos», a emoción, o ritmo, o bo ambiente… e terminando as sesións nos bares os sets de dous axitadores da noite galega, Isaac Torgal, do Torgal de Ourense e Dj Pinche.

.

cartel-festival-do-norte-2015-ailladearousa
VENTA DE ENTRADAS
www.festivaldonorte.com
Puntos de venta físicos:
Discos Portobello (A Coruña)
A Reixa Tenda (Santiago de Compostela)
Discos Elepé (Vigo)
PRECIOS DE ENTRADAS
Desde o 22 ó 31 de maio: Precio do abono 30€*.
Desde o 1 ó 22 de xuño: Precio do abono 35€*.
Desde o 23 de xuño ó 2 de xullo: Precio do abono: 40€*.

Entradas de Día (3 ou 4 de xullo): Precio 20€*.

Precios taquilla: Abono 45€. Entrada de día: 25€*

*Inclúe zona de acampada libre gratuita. Praya Area da Secada (Bandera Azul).

VIDEO FESTIVAL DO NORTE