Hoxe están de noraboa tódolos fans do Festival do Norte 2015, xa que podemos confirmar a presenza de «Polock» que se suma a un cartel xa de por si, fantástico.
A banda que conta cun nutrido grupo de seguidores en Galicia, presentará no escenario do Festival do Norte o seu novo traballo «Rising Up».
Contan cunha formidable carreira que os levou a acadar moitos éxitos, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras e son, sen dúbida, un dos grupos independentes con maior proxección internacional, dentro do panorama nacional.
¡ DEMOSLLE A BENVIDA Ó FESTIVAL DO NORTE 2015!