Este domingo 21 de Agosto deu comezo a XII Edición da festa do Deporte na Illa de Arousa. Durante toda a semana poderán disfrutar da práctica de diferentes deportes e actividades todas aquelas persoas que se inscribiron nesta festa.
Este ano contamos con máis de 400 participantes.
Comezou dita festa co FESTIVAL DE XADREZ NA RÚA, onde case 70 persoas se deron cita na Praza do Concello para pasar unha soleada mañá disfrutando deste deporte que se caracteriza pola súa concentración e silencio.
Foi unha mañá moi agradable. Debaixo destas líneas podedes ver unhas fotos da actividade.