Este vindeiro sábado 10 de Decembro o Auditorio Municipal de A Illa de Arousa acolle o espectáculo teatral: “PEGADAS DE CASTELAO” de Migallas Teatro.

“Pegadas de Castelao” é un espectáculo dirixido a tódolos públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural, etc. dunha forma amena e divertida.

Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: cantar de cego, títeres, teatro de actor, etc., todo acompañado por música en directo e cantigas tradicionais vinculadas á súa vida e obra.

A representación comezará ás 18:00 horas e a entrada é de balde.