O venres 23 de Decembro visita a Illa de Arousa a compañía Tanxarina co seu espectáculo de títeres «As Bombas e o xeneral».

É un espectáculo onde se recrea con siluetas animadas música e actores  a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións.

Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias.  Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentan os efectos devastadores dunha guerra.

Data: Venres 23 de Decembro

Hora: 12:00 h

Lugar: Auditorio Municipal de a Illa de Arousa

Prezo entradas: 4€ menores e 3€ maiores