Este sábado 19 de Novembro, en horario de 10:30 a 14:00, van ter lugar dúas actuacións no mercado da rúa, na Illa de Arousa.
A primeira é un posto para promocionar a compostaxe dos restos orgánicos, no que participarán a mestra composteira e a Concelleira de Medio Ambiente.
A segunda actuación é a instalación dunha CARPA INFORMATIVA de separación de residuos «Oportunidades de Galicia. Separemos ben, Reciclamos mellor» promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Sogama e Ecoembes.
